DeportesFútbolÚltima hora

O Victoria CF B, da barquense Isabel Vázquez, levanta a Copa da Coruña feminina por segundo ano consecutivo

Vencía con contundencia na final ao Pastoriza por 5-1

 

Partía como favorito e non defraudou. O Victoria CF B, equipo que adestra a valdeorresa Isabel Vázquez xunto a Pablo Souto (segundo adestrador) e Gonzalo Bouzas (delegado), vén de eeditar o título na Copa da Coruña feminina logo de impoñerse 5-1 ao SCD Pastoriza na final disputada na tarde do martes 10 de xuño no Estadio de Riazor, na Coruña.

 

 

Gran ambiente, con máis de mil siareiros, que desfrutaron dun encontro que tivo a Ambra como gran protagonista firmando os tres primeiros goles do partido, tamén marcaban Daniela e Alma para o Victoria. O único tanto do Pastoriza era de Lucía.

O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, entregaba o trofeo ao equipo campión xunto ao concelleiro de Deportes da Coruña, Manuel Vázquez. A directiva da RFGF, Cristina Regueira, e o delegado da Secretaría Xeral para o Deporte na Coruña, Roberto García, foron os encargados de entregar o trofeo ao equipo subcampión. O vicepresidente da RFGF, Juan Luis Villamisar, a directiva Silvia Cancela, os presidentes dos dous clubs finalistas e o alcalde de Arteixo tamén participaron na entrega de medallas a todas as xogadoras, técnicos e árbitras.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button