Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O Concello do Barco celebra o San Xoán con unha carreira popular, pancetada e sorteos

Imaxe dunha edición anterior da andaina en Viloira (O Barco)./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco celebrará a Festa de San Xoan cunha andaina/carreira popular, unha pancetada, moitos premios para diferentes categorías e sorteo de lotes de produtos típicos para os participantes. As actividades terán lugar na tarde-noite do día 23 de xuño, na praza Otero Pedraio de Viloira, a partir das 20,30 horas.

As actividades da festa están organizada polas concellarías de Cultura e Festas e de Deportes e Xuventude. Os interesados en participar na andaina ou carreira poden inscribirse previamente, ou facelo o mesmo día da actividade, na propia praza de Viloira.

As inscricións previas poden realizarse dentre o 16 e o 20 de xuño, chamando ao Concello (988320202), por email no correo deportes@concellodobarco.org, ou presencialmente no Edificio Multiusos. As recollidas de dorsais poden realizarse tamén no Concello ou o día da carreira, na propia saída.

Os participantes que se inscriban previamente terán reserva para a pancetada e para participar no sorteo de agasallos, mentres que os que o fagan o mesmo día na praza (de 20,00 a 21,00 horas) non terán esa reserva. Haberá un fotocol instalado na saída da carreira, e os premios serán individuais e colectivos.

Nos individuais, agasallos para todos os nenos máis pequenos; premios ao mellor disfraz de san Xoan, e nos colectivos, recibirán premios as asociacións, empresas e clubes con máis inscritos, e tamén aqueles que se presenten co mellor disfraz colectivo. A inscrición é totalmente de balde.

A carreira dos nenos de ata 6 anos comezará ás 20,30 horas, cun percorrido adecuado a súa idade, e a dos maiores, de 6 km de lonxitude e debidamente sinalizada, terá a saída ás 21,00 horas, e ao rematar ambas comezará a pancetada.

 

Back to top button