OurenseÚltima hora

Alumnado de Franciscanas Ourense é recoñecido no Concurso de Estatística da SGAPeEIO

 

O final de curso está sendo moi intenso para os Ecovixiantes en particular e para o Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense en xeral. O grupo de voluntarios lograba o segundo posto no Concurso Escolar Xeración Ecovidrio coa participaron de 896 colexios a nivel estatal. De feito o Divina Pastora obtivo o posto 12 con 236 puntos (empatado a puntos co décimo e undécimo clasificado Cardeal Cisneros de Albox e A nosa Señora de Guadalupe de Vivares).

 

 

“A nivel de Galicia Poeta, Avelino Diaz de Meira obtivo o terceiro posto con 244 puntos, Perdouro de Burela o 13º con 234 puntos e Divina Pastora MM Franciscanas o segundo da nosa Comunidade, conformando o podio galego”, din dende Ourense, explicando que esta clasificación de”Colexios Sostibles mídese en kg de CO2 evitados e m3 de auga aforrados en base a cinco retos realizados durante o curso escolar: influencers do cambio, ecorrecicladores do vidro, alimentos sen pegada, sentinelas da auga e disfraces cero plásticos”.

Concurso de Estatística da SGAPeEIO

De forma paralela, varios equipos do colexio eran distinguidos no Concurso de Estatística para Centros de Ensino, organizado pola SGAPeIO (Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións), que tiña lugar en Santiago de Compostela reunindo a participantes de centros educativos de toda Galicia.

 

 

Na categoría C (Bacharelato), o equipo formado por Samuel Sánchez, Samuel González, Laura González e Pablo Ramos obtivo o primeiro premio co seu proxecto El lado oscuro de la miel. Neste traballo, realizado en colaboración coa Universidade de Vigo, investigaron como a exposición ao calor pode degradar a calidade do mel. Para iso, analizaron no laboratorio os niveis de HMF (hidroximetilfurfural), un composto que aumenta coa temperatura, e completaron a investigación cun estudo matemático sobre a evolución dese parámetro en distintas condicións térmicas. O proxecto destacou pola combinación de experimentación científica e análise estatística. “Este recoñecemento dálle acceso á fase nacional do concurso, onde representarán a Galicia na final estatal que se celebrará en Logroño nas vindeiras semanas”, explican dende Franciscanas de Ourense.

Na categoría A (2º da ESO), o grupo formado por Diego Barato, Noel Serantes, Martín Varela e Daniel Gil acadou o segundo posto co traballo Venía a por pan y me llevé medio supermercado. Neste estudo analizaron, mediante enquisas e tratamento estatístico de datos, os hábitos de compra das familias e como a distribución dos produtos nos supermercados inflúe na adquisición de artigos non previstos. O proxecto incluíu gráficas claras e conclusións ben fundamentadas.

 

 

Tamén nesta categoría, o equipo de Antía Garriga, Sheila Prieto, Daniela López e Sara Ramos recibiu unha Mención polo seu proxecto IA machista, no que analizaron como os modelos de intelixencia artificial para a creación de imaxes seguen patróns que reproducen estereotipos de xénero. A través de experimentos con xeneradores de imaxes e un posterior estudo estatístico, amosaron como, segundo os termos introducidos, as representacións visuais asignaban roles, estilos e actitudes diferenciadas a homes e mulleres, poñendo en evidencia a importancia de construír unha IA máis equitativa.

Todos os proxectos foron elaborados baixo a titoría das profesoras Pilar Corbal e Pilar Rodríguez, quen acompañaron e orientaron ao alumnado ao longo do proceso e co traballo de J. Antonio.

 

 

“A experiencia foi moi enriquecedora, tanto polo recoñecemento recibido como pola oportunidade de compartir ideas con outros centros galegos e dar visibilidade ao traballo interdisciplinar desde as aulas. Parabéns a todo o alumnado participante, e moita sorte ao equipo de Bacharelato na seguinte fase”, din dende o centro.

E todo sen deixar de lado os labores de limpeza co I Campionato de Recollida de Cabichas no Parque de San Lázaro en Ourense, no marco da campaña El mar empieza aquí.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button