DeportesÚltima hora

A lanzadora valdeorresa Ana Raquel Revuelta loitará polas medallas no Campionato de España máster

Cedida.

 

Entre os atletas participantes no Campionato de españa máster ao aire libre, que se desenvolverá do 20 ao 22 de xuño na Nucia, estará a lanzadora barquense Ana Raquel Revuelta, que milita no Ourense Atletismo.

A intención da atleta será volver subir a un podio nacional na proba de lanzamento de disco. Revuelta, na categoría F35, daba mostra do bo estado coa que se presenta á competición hai tres semanas, cando se proclamaba, unha vez máis, campioa galega en Santiago.

Back to top button