
O Concello do Barco acollerá un curso de Atención Socio Sanitaria a persoas Dependentes. É un curso de 70 horas con diploma oficial e que permite traballar no sector de Axuda a Domicilio. No curso cóntase con 15 prazas, e enmárcase dentro do programa “MADRES”, financiado pola Xunta de Galicia e a Fundación María José Jove. É totalmente gratuíto para as participantes.
Esta formación está dirixido exclusivamente a mulleres, sen ningún requisito máis. A formación desenvolverase en dúas sesións de 4 horas o luns 14, martes 15 e mércores 16 de xullo, de 9.00 a 13.00 horas, no terceiro andar do Edificio Multiusos do Concello do Barco. A inscrición está aberta ata o 11 de xullo, e pode facerse no teléfono 988320202, Ext. 2166.

“MADRES” é un programa desenvolvido pola Fundación María José Jove, de intervención familiar e de apoio integral dirixido a mulleres e especialmente a nais soas con fillos pequenos ao seu cargo e en situación de vulnerabilidade. Trátase dun programa en marcha desde 2021 e o seu ámbito de actuación é Galicia e conta co apoio da Fundación Iberdrola e da Xunta de Galicia.
Ao longo de 2025, ademais do seu desenvolvemento na sede da Fundación e en Pontevedra, este programa leva a cabo con módulos formativos en Pontevedra, Vilalba e O Barco de Valdeorras, previndo atender a 180 mulleres.