Non pudo ser. Na noite do sábado 28 de xuño Andi Canosa (Graíño Team O Barco) perdía a súa primeira pelexa de MMA profesional 3×5 ms. ante Renato Jorge Moura alias “Clark Kent” (MMA Sori Portugal), por finalización de chave de brazo, o que lle provou unha lesión que lle impedía continuar, sendo para o púxil portugués o título MFC en xogo.


Este combate profesional pechaba unha intensa e apaixoante velada íntegra de MMA que se celebraba no pavillón municipal de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras, marcada polas altas temperaturas.

En total foron seis combates con sorte dispar para os loitadores locais. Os cinco primeiros eran amateur 3×3 ms. En 65 kilos, Lucas López Santiso (Graíño Team A Coruña) perdía contra o lucense Diego Rodríguez por decisión; en 87 kilos, Ander Xavier Paz Orjales (Graíño Team A Coruña) perdía contra o portugués Gabriel de Araújo Xavier por chave de brazo; en 64 kilos, Alejandro Menéndez (Graíño Team O Barco) vencía por decisión contra o coruñés Enrique López “Henry”; en 70 kilos Rubén Fernández (Graíño Team O Barco) perdía por nocout técnico contra o coruñés Carlos Caneda Noya; e en 77 kilos Marcos Xavier “Brasi” (Graíño Team O Barco) vencía por decisión contra o portugués Miguel Marqués Pereira.


Fotos: Carlos G. Hervella.