
O presidente da Confederació Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, anunciaba en rolda de prensa o 15 de xullo que este organismo vai recorrer a sentenza de contaminación no encoro de As Conchas, na Limia, ante o Tribunal Supremo.
“As causas desta decisións son varias. A sentenza ten a virtude de poñer un problema que estaba soterrado, pero que todo o mundo coñecía e do que todo o mundo falaba, enriba da mesa e nunha escala de moita de importancia e a nivel nacional polo seu impacto”.
Así mesmo, Quiroga matizaba que, “aínda que entemos e partillamos moitos dos razoamentos que están na sentenza, non estamos de acordo no fallo. As razóns son: en primeiro lugar a CHMS estaba citada a declarar e ao final non se lle permitiu declarar, mesmo o xefe do Servizo de Vertidos e o comisario, aquí presentes, estaban citados na Coruña, foron alí e ao final non puideron declarar. En segundo lugar, non se teñen en conta as alegacións e razóns que quería esgrimir e poñer enriba da mesa a propia confederación. Ademais, non se teñen en conta para nada as competencias deste organismo”.
O presidente recoñecía que esta sentenza que ten relevancia “por sacar un problema do submundo e poñelo enriba da mesa e no debate, porén, é unha sentenza que por primeira vez en moito tempo fulmina o principio de que quen contamina paga. E isto é moi serio porque afecta ao medio ambiente e á saúde das persoas. Estas son as circuntancias que nos levan a presentar ese recurso de casación”.
Quiroga proseguía indicando que na sentenza “acúsase á confederación de inacción e pasividade, e fronte a isto, nós temos un longo catálogo de documentación, de accións, de feitos datables e constatables”. E así o dellataba na súa intervención, citando os diversos expedientes sancionadores deste organismo e os informes emitidos sobre a calidade das augas (dende o 2011 ata a actualidade) en base os datos da rede de control da propia confederación. “A maiores, e sen ser competencia nosa, a confederación ten participado activamente na mellora e solución de saneamentos nas vilas da comarca da Limia (a EDAR de Xinzo, a eliminación dos vertidos da marxe esquerda de Xinzo, saneamento en Sandiás, Calvos de Randín, Vilar de Barrio…)”, matizaba o presidente da CHMS.
Así mesmo, engadía que o MITECO promulgaba a declaración de augas afectadas por nitratos en maio de 2022″. Por iso, a CHMS considera “que temos os deberes feitos e o MITECO ten os deberes feitos, hai outras administracións que miran para outros anos e non teñen os deberes feitos”.
Quiroga concluía insistindo en que “este non é un caso de inacción da confederación, non estivemos quietos, senón moi activos, este é un caso de contaminación onde faltan medidas correctoras e, ou se pon límite ao incremento da carga gandeira na Limia e se tratan adecuadamente os vertidos animais, e se pon en marcha o catálogo de medidas de boas prácticas agrogandeiras, ou nos estamos facendo trampas ao solitario”.