No ano 1973 botaba a andar o CD Vilamartín, un equipo de fútbol loitador e apaixonado que despois de máis de dúas décadas en activo acababa desaparecendo. O equipo deixou de xogar, pero os seus membros forxaron uns lazos de amizade que permanecen no tempo.

Así, de forma intermitente, as “vellas glorias” dese equipo, xogadores, directivos, técnicos e afeccionados foron logrando xuntarse unha vez ao ano para lembrar eses tempos de xogo e competición. O ano pasado celebraban o 50º aniversario e na tarde deste sábado 26 de xullo volvían xuntarse no Bañadoiro.

ocasión eran 52 os que asistían, primeiro ao bar das piscinas, Villa Chicana, posto que o campo de fútbol está sendo acondicionado para a vindeira tempada, e despois no bar da Gasolinera onde compartirán charlas e unha boa cea.

Fotos: Mónica G. Bellver.