
Segundo a información que vén de facer pública o Concello de Manzaneda, as rachas de vento están a dirixir o lume que afecta ao municipio “por Placín cara a Corredoira”, polo que se pide á poboación que extreme “as precaucións e sigan as indicacións das autoridades”.
Tamén se indica que os “medios son limitados, prioridade absoluta á seguridade das persoas. A cobertura móvil en estes momentos é escasa pero xestionase todo o posible a coordinación co distrito forestal, UME e Medios disponibles na zona para a intervención”.