A falta dunha semana para comezar a liga en Segunda Autonómica, o CD Rúa vén de sumar a primeira vitoria da tempada ao vencer 0-3 ao CD Trives no primeiro partido da Copa Deputación clasificándose para a seguinte rolda.

Dado que o campo trivés do Agro está en obras, o CD Trives xogará os primeiros partidos da tempada como local no campo rués Vicente Solarat Maceda. E aí perdían, na tarde deste domingo 31 de agosto ante o Rúa de Javi Ferrer que xogaba como visitante.

Tras unha primeira parte sen goles, Eric abría o marcador para o equipo amarelo co primeiro gol no minuto 64. O segundo era obra de Mateo no minuto 78 e o terceiro de Aimar no 88.

Fotos: Mónica G. Bellver.