DeportesPiraguismoÚltima hora

O Fluvial Barco, 3º por clubs no LVII Descenso do Sil e con 4 podios

 

En diversas categorías subíase ao podio o Fluvial Barco neste LVII Descenso do Sil-Memorial Julián Trincado Settier, que se celebraba na tarde deste 13 de setembro no Barco. Así lograba a segunda posición en K-2 sénior da man da embarcación de Jesús Rodríguez León e Miguel Fernández Castañón, mentres que José Antonio Girón ganaba en K-1 veteranos e o K-2 veterano formado por Fernando García e Miguel Anxo González facíase co título nesa categoría. Ademais, Carlota Díaz López impoñíase en K1 junior.

 

 

No podio de veteranos, os piragüistas do Fluvial Barco coincidían tamén cos barquenses Kissy Torres, que vencía en K-2 (xunto a Enma Vía) do Club Ría de Betanzos e con Pedro Andrés (Club Fluvial Avión-Castrelo de Miño), terceiro en K-2.

Por clubs, o Fluvial Barco lograba o terceiro posto no Descenso do Sil, que culminaba cunha entrega de premios salpicada de agasallos e sorteos para todos os participantes.

Fotos: A.R.

 

Back to top button