DeportesPiraguismoÚltima hora

A entrega de premios do Descenso do Sil do 2025, en fotos

 

A competición e a festa á pé de río que supón o Descenso do Sil concluía nesta 57ª edición cunha concorrida e animada entrega de premios que tiña lugar a partir das 20h. no Paseo do Malecón do Barco. O acto, no que se contaba coa presenza do alcalde do Barco, Aurentino Alonso, e das concelleiras Margarida Pizcueta, Alicia Álvarez e Dosinda Arias; comezaba coa entrega de premios do Descenso Popular que abría o programa desta proba. Ademais asistía Paco Vázquez, en representación da empresa Pizarras Los Tres Cuñados que doaba as medallas desta edición que, novamente, eran de lousa.

 

 

Despois viña a entrega de premios do descenso propiamente competitivo, que se intercalaba con sorteos de diversos agasallos entre os clubs participantes, entre eles varios embutidos como xamóns.

Non faltaban tampouco as sorpresas, como un agasallo para unha padexeira que cumpría anos neste 13 de setembro e que se subía ao podio.

O acto concluía coa intervención do alcalde do Barco, quen agradecía a participación na proba e tamén convidaba aos piragüistas á vindeira edición do 2026.

Fotos: A.R.

 

Back to top button