O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, escollía como escenario a Ponte Romana de Ourense para gravar a súa tradicional mensaxe de fin de ano. Nela lanzaba unha mensaxe de unidade. “A dimensión dos retos reclama puntos de encontro. A recuperación ben patente da nosa economía só será irreversible e completa coas medidas axeitadas, coa potenciación dos sectores tradicionais, o impulso aos novos e o rexurdimento do medio rural”, aseguraba.
E incidía en que “esa Galicia minguante que reflicten os datos demográficos esixe unha reacción política e social unánime, semellante á que se produciu noutros países do noso entorno con notable éxito”.
Nese senso, concludía que “no bo e no menos bo, agardo que Galicia siga o exemplo que se dá na maioría das nosas casas. Unha Galicia que afronte os problemas e loite polos seus soños unida”.