
O Club Peña Trevinca Barco vén de dar a coñecer a data da XIX Andaina Outono, que se celebrará neste municipio o vindeiro 9 de novembro. Esta actividade está organizada polo citado club e polo Concello do Barco.
A saída está pervista para as 9h. e a proba ofrece dúas alternativas en canto a percorrido: unha curta de 15 km e outra longa de 25 km
Nesta edición o límite de participantes fíxase en 350. A entrega de dorsais, así como o punto de saída a meta, as duchas e o xantar será no Polideportivo Calabagueiros.
Inscricións:
https://clubtrevincabarco.org/andaina-outono/
Esta andaina é una proba oficial da Federacón Galega de Montañismo(en adiante FGM) e está integrada dentro da IIILiga Xunta de Galicia de sendeirismo e da Liga Ibérica de sendeirismo da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (en adiante FEDME) que se desenvolverán ao longo do ano 2025.
