AletismoDeportesÚltima hora

Carlos L. Gudiña (Andarines de Arcos) completa o XXX Medio Maratón de Pontevedra

 

Mediado o mes de outubro o atleta veterano de Arcos (Vilamartín de Valdeorras), Carlos López Gudiña, segue sumando quilómetros ao seu particular currículo deportivo, asegurando que “é un orgullo levar o nome do pobo e do concello por toda España, aínda que non reciba axuda algunha”.

Desta volta desprazábase ata Pontevedra para participar no XXX Medio Maratón-XLIII Gran Fondo CaixaBank que se celebraba na mañá do domingo día 19. Tal como explica o propio Carlos, foi un día de moita chuvia e a carreira contou con 1.200 inscritos, logrando o posto 646 na clasificación xeral e o 16 na categoría de veterano M4, cun tempo de 01:49:20.

 

 

Back to top button