
A loxística do equipo (viaxes, adestramento e equipamento), a xestión das licenzas dos xogadores; e a comunicación cos árbitros, o equipo rival e o persoal de seguridade antes, durante e despois dos partidos. Son a grandes rasgos as funcións do delegado nun equipo de fútbol, unha figura á que Afiador (Asociación Ourensá de Adestradores de Fútbol), rende homenaxe.
Na tarde do luns 20 de outubro celebrábase no Estadio do Couto, en Ourense, a primeira charla da tempada na Asociación, co adestrador do Ourense CF Dani Llácer, como protagonista. Nesta ponencia, o valencián detallaba o proceso metodolóxico que seguen tanto él coma o seu staff para deseñar un plan de partido pero antes, Afiador recoñecía o labor de varios delegados do fútbol ourensán, entre eles José Antonio ‘Gaso’ do CD Barco na directiva de Nilo Ramos, aos que entregaban unha placa de madeira.

Fotos: Mónica G. Bellver.