Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A Veiga presenta a I Andaina e BTT Senda Verde Río Xares-Trevinca que se celebrará o 22 de novembro

Dende o Concello da Veiga convidan a participar na I Andaina e BTT Senda Verde Río Xares-Trevinca que se celebrará o sábado 22 de novembro, “unha xornada pensada para desfrutar da natureza, do deporte e da convivencia nun entorno privilexiado”.

A proba contará con dúas modalidades: unha ruta en BTT de 34 km e unha andaina que terá dúas distancias (deberase indicar a distancia escollida no momento da inscrición): unha curta de 18 km e unha longa de 34. Unha ruta circular con saída dende a praza do Concello da Veiga, ás 9:15 horas para a BTT e ás 9:30 horas para as andainas.

 

 

O prezo de inscrición é de 10 euros e inclúe: camiseta do evento; avituallamentos sólidos e líquidos: servizo médico e ambulancia; seguro de accidentes e RC; duchas e lavado de bicicletas; e diploma de finalista.

O prazo de inscrición, online en www.emesports.es estará aberto ata o mércores 12 de novembro (ou ata esgotar prazas).

A actividade está organizada polo Concello da Veiga coa colaboración de Pinchacarneira.

Back to top button