Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

RUMBO, última proba de orientación deste ano en Ourense, o 22 de novembro no Paco Paz

 

Co obxectivo de promover a orientación deportiva en Ourense, combinando a práctica de exercicio físico co descubrimento dos espazos naturais da provincia nacía RUMBO, un proxecto cuxa misión é “facilitar o acceso a este deporte a persoas de todas as idades e niveis, permitindo que cada participante descubra a beleza dos parques e sendeiros ourensáns mentres mellora as súas habilidades de orientación”.

“Queremos fomentar o turismo activo e sostible, conectando deporte, natureza e cultura local, por iso en RUMBO, cada ruta e proba deportiva están deseñadas para poñer a proba a túa capacidade de orientación e animarte a explorar os recursos naturais de Ourense de forma respectuosa e saudable”, explican dende a organización que conta coa colaboración da Deputación de Ourense e prepara unha proba para o vindeiro 22 de novembro a partir das 16:30 horas no Pazo dos Deportes Paco Paz, en Ourense.

Será a última proba de orientación deste ano e as inscricións están abertas en RUMBO.gal

 

Back to top button