
Dende o Club Our-0 de Valdeorras continuan coa súa aposta por achegar o deporte de orientación á poboación. Así, este domingo 16 de novembro terán unha xornada de portas abertas cun circuíto de iniciación.
Será a partir das 11 horas na Área Recreativa O Aguillón con inscrición de balde. Unicamente é necesario mandar un correo electrónico a club.ouro@yahoo.com.