Adoita xogar o sábado ou como moito o domingo pola mañá pero na xornada 13 da liga Preferente sur sénior, o Pizarras Tres Cuñados FS xogaba na tarde do domingo 14 de decembro o seu partido ante o Poio Pescamar FS, un rival directo na cabeza da clasificación que levaba o partido e os puntos.
O encontro, disputado no Pavillón Municipal de Calabagueiros, contaba con moita afección na bancada, resolvéndose co 3-7 final. Para o equipo local marcaba Dani en dúas ocasións mentres que o terceiro tanto era obra do Poio en propia porta.
Con este resultado os de Felipe Álvarez perden o liderato, quedando a dous puntos do novo líder, o Valladares.
Fotos cedidas.