CD BarcoCD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O I Memorial Juan Enrique Guntiñas será o 27 de decembro, con equipos base do CD Barco e do CD Rúa

Juan E. Guntiñas./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Como membro da directiva do Centro de Deportes Barco e antes de encargarse de diferentes tarefas, Juan Enrique Guntiñas (falecido en abril) estivo durante moitos anos como coordinador da base, por iso dende a directiva do club decidían crear un torneo na súa memoria.

Nace así o I Memorial Juan Enrique Guntiñas de fútbol base que se celebrará o sábado 27 de decembro no Campiño de Viloira, no Barco de Valdeorras, para as categorías benxamín, alevín e infantil do CD Barco e do CD Rúa.

 

 

Tal como explica o presidente do club, Nilo Ramos, a idea inicial era celebralo no mes de setembro para dar o pistoletazo de saída á nova tempada, pero adiantouse e quedaron sen tempo polo que decidían aproveitar o parón de Nadal e facelo nunha única xornada “a un só partido en cada categoría”. Así, en benxamín xogarán Barco-Rúa; en alevín igual; e en infantil farase un triangular co Barco e os dous equipos que ten o Rúa.

“Será unha xornada para que os nenos desfruten”, di Ramos, adiantando que lles darán chocolate, agradecendo especialmente ao club rués que se prestara a participar. “Sabemos que son unhas datas complicadas pero pensamos que merece a pena”, asegura.

Back to top button