A MezquitaConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Recollida de aguinaldos na antiga Festa de Reis de Chaguazoso (A Mezquita)

 

A primeira hora desta mañá de 3 de xaneiro a comitiva da antiga Festa de Reis de Chaguazoso (A Mezquita) comezaba a súa ronda pola localidade para recoller os aguinaldos. Repetían o percorrido da noite anterior, na que cantaban os aguinaldos.

Ía encabezada polos Rei solteiro, Mauro, e polo Virrei Jorge, autoridades da festa, que visitaban, casa por casa, saudando e felicitando o aninovo á veciñanza. Tras eles, viña a música e o resto da comitiva de recollida de aguinaldos que, tras pedir o permiso, entraban nos domicilios. Todos eran obsequiados con doces e outros produtos salgados, como embutidos, e tamén licores polos veciños.

 

 

Desta comitiva tamén forman parte os músicos tradicionais, os camareiros, os axudantes e A Rita, unha singular figura. Trátase dun home disfrazado de muller, que fai a función de bufón, e que porta unha boneca e unha cesta, na que vai depositando os ovos que atrapa polas cociñas.

 

 

Tras completar a ronda, homes e mulleres organizarán, por separado, diferentes banquetes.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button