AutomobilismoDeportesÚltima hora

Suspéndese a 52ª Subida a Chantada

 

Desde a Escudería Chantada comunican oficialmente a suspensión da 52ª Subida a Chantada que debería celebrarse en xullo deste 2026. “Tras unha análise profunda da situación actual, constatamos que non se dan as condicións óptimas para reunir o orzamento necesario que unha proba de leste calibre require”, explican, entendendo que “todo ciclo ten un principio e un final, e o noso viuse condicionado polo esgotamento na procura dos recursos indispensables para celebrar a competición cos estándares de calidade e seguridade que sempre nos caracterizaron”.

O futuro determinará se volverán darse as circunstancias para que “A Subida” regrese. “A nosa vontade sempre será apostar polo máximo nivel, da man do Campionato de España de Montaña (CEM) e co respaldo da Real Federación Española de Automobilismo”, aseguran, expresando “o noso máis sincero agradecemento por tantos anos de apoio incondicional ao Concello de Chantada, á Deputación de Lugo e á Secretaría Xeral para o Deporte”, facendo extensible o agradecemento aos patrocinadores privados, empresas e ao sector hostaleiro e comercial de Chantada, Taboada, O Saviñao e A Barrela, así como “aos equipos, pilotos, comisarios, prensa e, por suposto, á afección, que sempre fixo desta proba algo único. Grazas de corazón”, conclúen.

Back to top button