CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Rúa golea ao Carballiño “B”, 5-0 no campo Vicente Solarat

 

A afección do CD Rúa levaba por fin unha alegría. Tras catro derrotas consecutivas, na tarde deste domingo 8 de febreiro os rapaces de Javi Ferrer gañaban por todo o alto o partido disputado en casa contra o CD Arenteiro “B”.

Nunha xornada na que a chuvia daba un respiro e mesmo saía algún raio de sol, os amarelos goleaban (5-0) aos verdes do Carballiño dominando boa parte do encontro.

 

 

Eric foi o máximo activo do partido marcando tres dos goles. O primeiro no minuto 30; o segundo no 46′ ao inicio da segunda parte; e o terceiro no minuto 57. Azael marcaba no 68′ e Íker sentenciaba co quinto gol no minuto 87.

Con este resultado os rueses sitúanse no posto 12º da Segunda Futgal con 21 puntos. O seguinte partido será de novo en casa, contra Toén FS.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button