
Esta fin de semana celebrábase en Ciudad Real a Fase 1 da Liga Nacional Júnior e Sub21 de karate, na que participaba o deportista valdeorrés Brian Rodríguez, en representación do KC River Stone do Barco.
Malia a súa boa traxectoria deportiva, nesta ocasión Brian no tivo sorte “pero si traemos a lección aprendida e ganas de seguir aprendendo”, aseguran dende o club, avanzando que o vindeiro sábado 14 de marzo celebrarase en Santiago de Compostela o Campionato Galego Infantil.