EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornadas sobre olivicultura na Aula da Uned na Rúa, os días 27 de marzo e 10 de abril

Este actividade será impartida por José Espinosa Sánchez, biólogo, consultor, membro do Comité de Cata "Aceite de Quiroga"

 

A actividade olivícola na comarca de Valdeorras “vive unha fase de recuperación e posta en valor de variedades autóctonas, con Quiroga (Lugo) como centro de referencia e a súa celebración da Mostra do Aceite, esta pasada fin de semana. O sector busca producir aceite de oliva virxe extra de alta calidade, con proxectos de recuperación de oliveiras tradicionais e xornadas formativas enfocadas á profesionalización”, din dende a Uned Ourense que, neste marco, vai organizar na súa Aula na Rúa unhas xornadas de “carácter introdutorio”. Trátase das  “Jornadas: Contribución al desarrollo de la olivicultura en Gallaecia:  observación y registro de estados fenológicos”, previstas para os días  27 de marzo e 10 de abril.

Nelas vaise abordar a observación de estados fenolóxicos e fases de crecemento e desenvolvemento que poden chegar a condicionar a viabilidade das colleitas das oliveiras. Ademais o establecemento dos patróns de evolución fenolóxica facilitan a selección de variedades que integren o oliveiral para abordar con economía de recursos e tempo intervencións como a poda, a recolección ou o clarexo.

Durante dúas xornadas trataranse os estados fenolóxicos na oliveira, o seu recoñecemento e rexistro para unha maior produtividade e o seguimento das súas fases de desenvolvemento anual (brotación, floración, callado, arraxo, maduración) para optimizar o manexo técnico, como tratamentos fitosanitarios, rega e colleita. Sen perder de vista a influencia de condicións ambientais e a xenética para establecer as distintas fases ou etapas polas que pasa a planta ao longo do seu ciclo vital.

As xornadas finalizarán cunha observación comentada nun oliveiral de elementos e estados fenológicos e a súa aplicación para a toma de decisións.

Este actividade será impartida por José Espinosa Sánchez, biólogo, consultor, membro do Comité de Cata “Aceite de Quiroga”, profesional con longa traxectoria e ampla experiencia no sector. Poderase asistir en modalidade presencial ou asistencia en liña en directo ou diferido. Dirixidas a calquera persoa interesada na materia, a orientación é introdutoria para ampliar o abanico de profesionais ou afeccionados que estean interesados en asistir.

Back to top button