DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima hora

O Tres Cuñados FS cae ante o líder, o Gondomar FS, en Calabagueiros (O Barco)

Os valdeorreses perdían 3-6 no partido disputado na tarde deste sábado 21 de marzo

 

Non pudo ser. Malia remontar un 0-2 e chegar a poñerse por diante no marcador, finalmente o Pizarras Tres Cuñados FS sucumbía ante o líder, o Gondomar FS, perdendo 3-6 no partido disputado na tarde deste sábado 21 de marzo no pavillón municipal de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras.

 

 

Os pontevedreses adiantábanse co primeiro gol xa no minuto 1 de xogo e sumaban quince despois un tanto marcado polos locais en propia meta. Para compensar, Diego inauguraba o marcador branco cun gol no minuto 17, José empataba no 21′ e Saul marcaba o terceiro para o Tres Cuñados no 22′. A partir de aí o Gondomar demostrou porqué lidera a clasificación no grupo 2 da Preferente Futgal FS marcando outros catro goles case seguidos.

 

 

O Tres Cuñados-Gondomar era un dos partidos adiantados da xornada e malia o resultado de hoxe, o conxunto valdeorrés levaba catro vitorias consecutivas, manténdose nos postos de promoción con 50 puntos.

 

 

Fotos: Sandra García.

Back to top button