
Os veteranos do equipo de fútbol de Chaves (Portugal) eran os vencedores do triangular disputado na tarde do sábado 21 de marzo no campo José Arjiz, en Verín. Vencían aos do Barco nos penaltis tralo empate a ceros e tamén aos de Verín, de novo nos penaltis tralo 0-0. Pola súa banda, os conxuntos barquense e verinense empataban a uns.
A próxima cita para a Asociación de Veteranos Barco será xa o 9 de maio pola tarde, cando recibirán no Campiño de Viloira aos veteranos de Lobios que lles devolven a visita que os do Barco lles facían en novembro de 2025.