Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O Club Peña Trevinca Barco lanza unha nova andaina o 19 de abril: a ruta integral deste municipio

Imaxe dunha andaina anterior do Club Peña Trevinca Barco ao seu paso por Viloira./ Foto: A.R.

 

Dende o Club Peña Trevinca Barco vén de anunciarse a celebración dunha nova andaina, prevista para o 19 de abril, con saída dende a praza do Concello barquense ás 8h. Leva por título “Ruta integral do Barco” e conta cun percorrido total de 51 km.

“Está dirixida e deseñada polo noso socio, Aurentino Alonso”, segundo explica o presidente do club, Miguel de la Cal. “A xente, en función da súa condición física, pode facer os 2 aneis, só o anel Sur (máis desnivel), ou incorporarse para facer só o anel Norte. O anel Sur termina en Viloira, onde comeremos uns bocadillos, arredor das 14h. O anel Norte iníciase despois do bocadillo, entre as 14.45 e 15.00, aproximadamente. Intentaremos ter un vehículo de apoio por se hai que levar a algún de urxencia ao Barco”.

A organización adianta que o ritmo da camiñata será “razoable, nin de competición nin de paseo sen esforzo.
Se se detecta que algún non pode facela, aconsellaráselle retirarse nalgunha das localidades de paso. Cada un levará o seu avituallamiento, lembrar que se poderá cargar auga en varios sitios”.

 

 

Back to top button