Suma e segue. O CD Córgomo Vilamartín sumaba unha nova vitoria e os tres puntos en xogo, tras vencer con contundencia ao Loñoa CF no partido da xornada 29 en Primeira Futgal.

Na tarde deste domingo 12 de abril os rapaces de Iván González saltaban ao terreo de xogo no campo do Bañadoiro dispostos a superar o empate da xornada anterior ante o Francelos e tras moitos intentos e varias oportunidades Poli abría o marcador rozando xa o descanso, poñendo o 1-0.
Tralo paso polo vestiario e con máis enerxía e forza aínda, os valdeorreses seguían atacando e Dani marcaba o segundo local nada máis comezar a segunda parte. Os visitantes anotaban o seu único tanto no minuto 57 e a partir de aí seguía marcando o Córgomo. Dani poñía os dous goles seguintes, nos minutos 72 e 76 e Tato sentenciaba o partido no 84′ co 6-1 final.

Con este resultado os verdibrancos seguen segundos, a cinco puntos do líder. O seguinte partido xogarano no campo do CD La Purísima.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.