CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Rúa golea ao CD Cenlle no campo Vicente Solarat Maceda

 

Había tempo que o CD Rúa non facía un partido así. Goleando ao CD Cenlle, co 7-1 no marcador remataba o partido disputado na tarde deste sábado 18 de abril no campo rués Vicente Solarat Maceda.

Era Suso quen adiantaba aos amarelos cun temperán gol (minuto 8) e pouco despois, no 14′ marcaba Eric. Aimar poñía o 3-0 no minuto 23 e Asier o 4-0 no 30′.

 

 

Con este resultado chegaba o tempo de desconto e tras o paso polo vestiario, Aimar marcaba o seu segundo gol da tarde e o quinto para o Rúa, antes de que o Cenlle anotase o seu único tanto. Mateo poñía o 6-1 no minuto 83 e no 87′ Lucas sentenciaba o partido co 7-1 final.

A segguite cita para os de Javie Ferrer, que con esta vitoria respiran un pouco afastándose da zona de descenso, será no campo do Pabellón Ourense CF.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button