CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

O CD Trives cae pola mínima (0-1) ante o Amoeiro CF

 

Pola mínima pero na tarde deste domingo 19 de abril o CD Trives perdía o partido ante o Amoeiro CF disputado no campo de fútbol Vicente Solarat Maceda da Rúa, e con el os tres puntos en xogo.

Nunha calurosa e ventosa tarde, os de Amoiro marcaban o único tanto do encontro no minuto 27 e malia os constantes intentos por parte dos locais, non conseguían traspasar a portería rival rematando o tempo regulamentario co 0-1 no marcador.

Con este resultado os de Trives mantéñense no posto 10 da Terceira Futgal a falta de tres partidos para o final da liga, tendo en conta que a seguinte xornada é descanso.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button