A situación na que se atopa a estrada de Cernego (Vilamartín) supón, en opinión do BNG deste municipio, un “risco inasumíbel para os veciños que transitan por ela”. Por iso demandan o seu arranxo e presentarán unha petición formal no Concello vilamartinés.
Esta formación política indica que “non é a primeira vez que a estrada se atopa nun estado lamentábel” e espera que, “desta volta, os amaños non sexan parcheados de calidade pésima que ano tras ano hai que repor”.
E nese senso piden, entre outras cuestións, que se “realicen os amaños precisos para repoñer e estabilizar a banda de rodadura”, “que se estude a colocación de valados de protección, tal como xa temos solicitamos hai anos, xa que se trata dunha estrada con moita exposición e risco para os vehículos que por ela transitan”.
Fotos: BNG de Vilamartín