O compromiso da Asociación Emperasarial de Valdeorras (AEVA) coa comarca ao longo dos seus case 40 anos poñíao en valor María Carmen González na tardiña deste 24 de abril na clausura da asemblea celebrada por esta entidade empresarial. A deputada delegada especial para Valdeorras da Deputación de Ourense e alcaldesa de Carballeda, referíase ás orixes desta asociación e tamén á súa traxectoria, destacando as súas reivindicacións en ámbitos como o das infraestruturas e o seu impulso á actividade socioecomónica, permitindo fixar poboación. “Sempre falar de comercio, industria e emprendemento sempre era recordar e dicir AEVA”, indicando ademais que esta organización é “un referente do asociacionismo”.
Ademais lembraba o apoio da Deputación a entidade, e, en especial do seu presidente, que “sempre está apoiando, escoitando, e logo reafirmaremos ese compromiso”. E facía unha mención especial a dous antigos presidentes de AEVA, Carlos Terán, o primeiro; e Santiago Melo, “os dous puxeron o seu selo”.

Tamén se refería aos diferentes sectores económicos de Valdeorras, deténdose no da lousa, “que trouxo a esta terra tanto progreso e emprendemento, a lousa é de Valdeorras e Valdeorras é lousa”. Falaba das novas xeracións e do seu importante papel e animaba aos empresarios a seguir nesta liña de traballo e revindicación para conseguir melloras en eidos como as comunicacións, cunha mención especial á situación da estrada N-120.
Fotos: Carlos G. Hervella.

