EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Miranda X e Periódico O Sil, un tándem perfecto na Pasarela de Moda do CCA O Barco

 

Unha edición máis, Miranda X e Periódico O Sil formaban un tándem perfecto na Pasarela de Moda do CCA O Barco celebrada na noitiña do sábado 25 de abril, na rúa Academia Dequidt.

 

 

Tras o pase infantil, Miranda X, tenda de roupa multimarca para muller e home abría o primeiro pase de adultos xunto ao xornal O Sil nunha iniciativa que busca poñer en valor a lectura da prensa en papel. “A través desta colaboración, preténdese achegar o xornalismo tradicional á cidadanía, destacando a súa importancia como fonte fiable de información e como hábito cultural que fomenta o pensamento crítico”, tal como indican dende a organización.

 

 

O segundo pase era o de Montglan. Exclusividade, estilo e moda para todas; e o terceiro, N37 tenda multimarca de home e muller con roupa casual e cómoda.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Máis información e fotos:

A Pasarela de Moda do CCA O Barco reta á chuvia e conquista ao público

Back to top button