EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

O Barco CCA homenaxea a Gloria Rodríguez, de Boutique Glory, con motivo da súa xubilación

 

Cunha bonita sorpresa atopábase neste mediodía Gloria Rodríguez Jares, a propietaria de Boutique Glory, un establecemento de moda feminina situado na avenida Conde Fenosa do Barco. Xusto cando remataba de atender a unhas clientes e pouco antes da hora do peche, o presidente do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), Jacobo Arias, entraba na súa tenda cun gran ramo de flores nas súas mans.

Deste xeito, o CCA, entidade á que está asociada Boutique Glory, quería renderlle unha sinxela pero emotiva homenaxe a esta comerciante, que na vindeira semana pechará o seu establecemento con motivo da súa xubilación. Moi emocionada, Gloria amosaba o seu agradecemento e confesaba que en agosto cumpriría xa 44 anos ao fronte do negocio, pero que toca iniciar outra etapa.

 

 

Pola súa banda, Jacobo Arias, agradecía a colaboración de Boutique Glory co CCA e desexáballe a Gloria, en nome da xunta directiva e do conxunto da asociación, o mellor neste novo momento da súa vida.

Fotos: A.R.

Vídeo: O SIL.

 

Back to top button