Ao día seguinte da celebración, dende a organización (Asociación Centro de Animación Rural) daban as grazas a “tod@s @s amig@s que onte desafiastes ao mal tempo e nos acompañastes nunha das rutas dos fornos de Celevente máis húmidas da nosa historia”.
Aseguran que a pesar da chuvia, o ambiente non puido ser mellor. “O espírito familiar estivo presente dende o primeiro ao último forno que se visitan na nosa Ruta, así como no fin de festa que disfrutamos na Chaira do Cima onde a música e a amizade foron os absolutos protagonistas”.

Nestes vídeos cedidos polo pregoeiro, Juan Corzo, facemos un percorrido por esta XVI edición, tanto dende o punto de vista da organización coma da do público desfrutando da festa.
Vídeos cedidos.