SanidadeÚltima hora

Á área sanitaria ourensá conmemora cun amplo programa o Día Mundial da Hixiene de Mans

Os tres hospitais da Área acollerán mesas informativas e actividades de sensibilización, con obradoiros en Pediatría, roldas de seguridade e iniciativas tamén desde Primaria, en residencias, centros de día e colexios.

 

A hixiene de mans continúa a ser unha das intervencións máis custo-efectivas para reducir o risco de infeccións asociadas á asistencia sanitaria. Por este motivo, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco quere aproveitar a conmemoración do seu día mundial, neste 5 de maio, para lembrar aos profesionais a importancia de non baixar a garda e para implicar tamén aos usuarios e usuarias na prevención.

Neste senso, esta área desenvolvía programa de actividades dirixidas tanto aos profesionais como á sociedade en xeral co obxectivo de manter e mellorar ás recomendacións de hixiene de mans e reforzar esta práctica como unha das medidas máis eficaces para previr as infeccións na asistencia sanitaria.

A iniciativa, organizada de maneira conxunta polo Servizo de Medicina Preventiva, Calidade e Atención Primaria, desenvolverase nos tres hospitais da Área Sanitaria e en diferentes centros de saúde co fin de facer visible a importancia dunha correcta hixiene de mans en todos os niveis asistenciais e na vida cotiá.

Unha medida sinxela, eficaz e custo-efectiva

A Organización Mundial da Saúde celebra este ano a 18ª edición da campaña global SAVE LIVES: Clean Your Hands, baixo o lema “Action saves lives”, coa que chama aos profesionais e ás organizacións sanitarias a renovar a acción en hixiene de mans e prevención e control da infección para garantir a seguridade dos pacientes e dos traballadores sanitarios. A OMS lembra que unha parte importante das infeccións evitables adquiridas durante a atención sanitaria podería previrse se a hixiene de mans e as medidas de prevención se realizan no momento adecuado.

Ademais da edición e difusión de material gráfico iniciaranse roldas de seguridade nos tres hospitais públicos de Ourense, Verín e Valdeorras, unha práctica recomendada para incrementar a seguridade do paciente e coñecer a adherencia ás boas prácticas. Estas roldas desenvolveranse ao longo de todo o ano nos distintos centros hospitalarios e comezaranse tamén os primeiros pasos para establecer esta dinámica en Atención Primaria.

 

 

Mesas informativas nos tres hospitais

Os hospitais de Ourense, Verín e Valdeorras acollerán hoxe mesas informativas con material divulgativo sobre a importancia da hixiene de mans. No Hospital Universitario de Ourense instalarase na zona da cafetería de persoal, na planta 0, e tamén na planta -1 do edificio de hospitalización, preto da entrada da cafetería pública.

Nesta última localización haberá unha lámpada de luz ultravioleta e xel hidroalcohólico para comprobar se a técnica de hixiene de mans se realiza correctamente. Tamén se proxectarán mensaxes sobre a importancia desta medida preventiva nunha pantalla informativa. As actividades comezarán a partir das 10.00 horas.

Outra das accións previstas será a instalación dun photocall, elaborado coa colaboración dos nenos e nenas da Escola de Pediatría, que reciclaron de forma creativa o material empregado en anos anteriores. O obxectivo é que os profesionais poidan retratarse e, cando sexa posible, compartir as imaxes nas redes sociais da Área Sanitaria para contribuír á difusión da mensaxe preventiva.

 

 

Obradoiros en Pediatría e actividades comunitarias

As unidades de Pediatría desenvolverán ao longo da semana obradoiros de hixiene de mans baixo o lema “Mans limpas!!!”. Nestas sesións coñecese a importancia da hixiene de mans e realizanse manualidades para decorar o photocall.

Atención Primaria tamén organiza estés días obradoiros en centros de día, residencias sociosanitarias, vivendas comunitarias e colexios de infantil. Para elo deseñáronse rutas e organigramas de traballo que permitirán chegar a diferentes puntos da Área Sanitaria e facer visible a transcendencia da hixiene de mans na cadea de prevención das enfermidades infecciosas.

Co conxunto destas accións, desde a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras quere lembrar a importancia que un cesto tan sinxelo como a correcta Hixiene de Mans ten na seguridade de todos os pacientes.

 

Back to top button