DeportesFútbolÚltima hora

A parte deportiva no campo dos Ladrillos, abre a terceira Xuntanza do Club Deportivo Rubiá

 

Por segundo ano consecutivo era o campo dos Ladrillos a primeira parada da xuntanza de xogadores, directivos e afeccionados do desaparecido Club Deportivo Rubiá que este ano celebra a terceira edición.

 

 

Alí celebraban, na mañá deste sábado 9 de maio, a parte deportiva da xuntanza, un partido entre as vellas glorias do CD Rubiá e a xente máis nova, incluso nenos, que remataba cunha sesión de probas de habilidade e distancia diante da portería, con premios para os gañadores. Ao rematar os máis pequenos recibían bombóns por ter participado.

 

 

A segunda parte da xuntanza, a gastronómica, será a partir das 14:30 horas no pavillón municipal de Rubiá onde entregarán premios, agasallos e camisetas conmemorativas, compartirán un xantar e realizarán ás  homenaxes.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button