Arredor dun cento de persoas vinculadas ao CD Rubiá se reunían no mediodía deste sábado 9 de maio no pavillón municipal da vila para asistir á III xuntanza deste club de fútbol desaparecido hai máis de quince anos.


A idea nacía no ano 2024 dun grupo de antigos xogadores e ex directivos coa idea de revivir a historia e memoria deste equipo, tendo moi boa acollida e nesta terceira edición repetían o formato do ano pasado.
O primeiro punto de encontro era o campo dos Ladrillos no que tantos partidos xogaron e tan ben o pasaron, con actividades deportivas distribuídas tamén en dúas partes, un partido e unha serie de habilidades co balón fronte á portería con agasallo para os gañadores.


A segunda parte, xa no pavillón, comezaba coa entregaba de camisetas a cada asistente como recordo da xuntanza, para seguir co prato forte, o xantar, servido por Mantesil cun menú formado por empanada, langostinos, costela ou xarrete de tenreira, bebida, postre, café e chupitos. No turno dos recoñecementos, este ano era para a afección en agradecemento polo seu incondicional apoio durante os anos que estivo activo o club, entregándolle as placa a Paco “Rato” que está convaleciente estes días e deséxanlle unha pronta recuperación; e a Manolo “Cuestas”.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos:
A parte deportiva no campo dos Ladrillos, abre a terceira Xuntanza do Club Deportivo Rubiá