
Na xornada do sábado 9 de maio celebrábanse na localidade coruñesa de Oleiros, dúas probas da liga Galega de Orientación, con saída e meta na Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física e un formato innovador, onde as dúas probas estiveron enlazadas en formato NON-STOP, como parte da homenaxe ao 40º aniversario INEF-GALICIA 1986-2026.

O club valdeorrés Our-O participaba con 3 representantes na primeira das probas, a de distancia media, no “Bosque dos veciños”. Brais Rodríguez que volvía destacar co primeiro posto na categoría M14; Martina Aller, que lograba o terceiro posto en F16; e Pablo Aller co décimo en M55. Na carreira sprint que se celebraba ao cruzar cada un a meta, Brais repetía o primeiro posto en M14, Martina obtiña o quinto posto en F16 e Pablo o duodécimo en M55.

Ao finalizar a carreira sprint, facíase a entrega dos trofeos aos deportistas mais salientables de tempada 2025 nesta modalidade e alí estaba o deportista infantil Brais Rodríguez Cruz para recibir a súa medalla dourada, o que o acredita como campión na categoría M14 polo que o felicitan dende o club destacando o “compromiso e o gran traballo que está a realizar, sendo o primeiro campión de OURO”.

Fotos cedidas.