
Neste mércores presentabáse o libro 35 anos da transferencia da sanidade a Galicia, un acto que contaba coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que estaba acompañado polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, entre outras autoridades.
Rueda comentaba que asumir estas competencias “foi unha responsabilidade histórica que permitiu xestionar un servizo esencial dun xeito máis próximo ás necesidades da poboación galega e as singularidades do territorio”.
Rueda agradeceu o compromiso e dedicación de todos os traballadores da sanidade galega e lembrou que a Xunta seguirá a traballar man a man con eles para facer fronte a novos retos como o envellecemento da poboación, a falta dalgúns especialistas ou a incorporación de novas tecnoloxías.