Está prevista para os días 15 e 16 de abril no centro desta vila lucense
O viño de dez colleiteiros poderá degustarse no marco da XXXV Feira do Viño de Quiroga, que se desenvolverá os días 15 e 16 de abril nesta localidade lucense.
Os colleiteiros seleccionados reunían, segundo o Concello de Quiroga (organizador da mostra) “as características esixidas pola convocatoria; agora os viños presentados pasarán os pertinentes análises químico organolépticos e someteranse o exame de cata da Confraría do Viño de Quiroga o sábado 1 de abril de 2017”.
Na mañá do 6 de marzo a comisión organizadora facía público o cartel promocional desta nova edición do certame e continúa a traballar “para perfilar o programa de actos que terán lugar durante a fin de semana do 15 e 16 de abril e durante a semana previa”.