DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima hora

Os alevíns do Pizarras Tres Cuñados FS, flamantes campións de liga

 

A base do Pizarras Tres Cuñados FS non deixa de dar alegrías ao club. Na mañá do domingo 31 de maio o equipo alevín dirixido por José (xogador do primeiro equipo) e Joserra, proclamábase campión de liga en Primeira Autonómica (o que lles dá o pase para a Liga Galega) celebrando a boa co trofeo, compañeiros e familiares no pavillón municipal de Calabagueiros, no Barco.

O equipo pechaba así unha espectacular tempada con 24 partidos xogados dos cales gañaba 20, empataba 1 e perdía 3, con 117 goles a favor e 36 en contra, sendo os máximos goleadores Brais con 29 e Diego con 24 goles.

DATOS DO EQUIPO:

Adestradores: José Rodríguez Fernández e Daniel Rodríguez Fernández
Delegados: José Ramón López Rodríguez e Saúl Fernández Rodríguez
Xogadores: Porteiros: Izan e Fabio; peches: Mario, Luis; As: Hugo, Brais, Lucas (benxamín), Enzo (benxamín), Diego, Leo, Pedro; e Pivotes: Jairo, Azael, Abraham, Izan.

 

 

O equipo xuvenil do club valdeorrés tamén se proclamaba campión provincial mentres que o infantil era subcampión.

Fotos cedidas.

 

Back to top button