Co fin de amosar e poñer en valor o traballo levado a cabo durante os meses do curso nas Escolas Deportivas Municipais, a Concellería de Deportes do Barco organizaba este venres 5 de xuño unha exhibición de ximnasia rítmica e zumba infantil a cargo do alumnado.

En primeiro lugar tiña lugar a actuación das ximnastas no pavillón vello da vila. Participaban en diferentes grupos acompañados por diversos elementos como balóns ou cintas, e tamén sen nada, pero sempre guiados pola profesora. Deste xeito mosaban o aprendido ante dun entregado público.
Despois, ás 20h. está prevista unha exhibición de zumba infantil e logo unha máster class para nenos e adultos.
Fotos: A.R.
Vídeo: O SIL.
https://youtu.be/QIWtD4ZFtQY