Moi positiva deportivamente falando foi esta fin de semana para os equipos de fútbol e fútbol sala valdeorreses, con algún ascendido e varios en finais, tanto de play off de ascenso se categoría como de Copa Deputación.

Neste último apartado temos aos xuvenís do Pizarras Tres Cuñados FS que se metía na final da Copa Deputación de Ourense de fútbol sala tras gañar 3-1 ao Sala Ourense no partido disputado na mañá do sábado 6 de xuño no pavillón municipal de Calabagueiros. Marcaban para o equipo local Sherqawi (minuto 13) e Yeray (77′ e 50′).

A final xogarana o vindeiro sábado 13 de xuño en Ribadavia contra Ribeiro de Avia que xogará como local tras eliminar por 6-1 ao Academia Ourense na outra semifinal.

O equipo que levan Modesto e Josiño está a piques de rematar unha gran tempada. “Pase o que pase na final xa somos campións de liga e finalistas da Copa”, aseguran orgullosos dende o club valdeorrés.
Fotos cedidas.