DeportesMotociclismoÚltima hora

A Concentración Mototurística Os Esquíos de Trives leva aos moteiros de ruta por unha parte do Macizo Central

 

Dende a tarde do venres 10 de xullo e ata o domingo día 12, A Pobra de Trives acolle a XXI edición da Concentración Mototurística Os Esquíos, con base no CEIP Manuel Bermúdez Couso, onde se atopa a zona de acampada.

 

 

O programa, inclúe como sempre actuacións musicais, festas, pinchadas e rutas turístico-gastronómicas polas fermosas paraxes do Macizo Central ourensán. Na mañá deste sábado 11 de xullo tiña lugar a primeira con parada no concello de San Xoán de Río onde foron recibidos polo alcade, Xosé Miguel Pérez, con pinchada incluída. Tamén pararán noutros concellos como Chandrexa de Queixa, antes de regresar para a “ruta barítima” por Trives con degustación do tradicional porco ao espeto, amenizada polas Macizas Centrais.

 

 

Caras as 21 horas haberá unha gran churrascada e xa a partir das 23:30 horas, a ruta de bengalas coa posterior actuación de Dr. Slump.

 

 

Mañá haberá unha nova ruta mototurística rematando a concentración xa de tarde tralo xantar e entrega de premios.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button