CulturaCulturaÚltima hora

A pegada etrusca nos cogomelos de Valdeorras e Trives, recollida polo micólogo Cristóbal Ruiz Leivas

Así se plasma nun estudo publicado polo investigador Luis Monteagudo García no "Anuario Brigantino"

Camiseta dunha sección micolóxica dunha asociación á que daba nome o cogomelo “Cacaviñas”, cuxo nome ten orixes etruscas./ Foto: A.R.

 

Contan que os etruscos, unha antiga pobo que habitaba no que hoxe é a Toscana (Italia), eran expertos recolectores de cogomelos e tamén agricultores. É é precisamente polos fungos e polo cultivo do castiñeiro, e a través dos romanos, como deixaban a súa pegada lingüística hai máis de 2.000 anos no noroeste da península. E máis en concreto na parte oriental da provincia de Ourense. Así o recolle nun artigo de investigación titulado “Nombres etruscos de plantas, setas, pilongas y los castaños de las Médulas”, Luis Monteagudo García, e que se publicaba noa no 2005 no “Anuario Brigantino”.

Nel, fai expresa referencia a como a impronta etrusca se revela nos cogomelos dos Gigurri, Tibures e Bibali (Valdeorras, Tribes e Bibei) e ao papel xogado nesa descuberta polo micólogo afeccionado valdeorrés Cristóbal Ruiz Leivas. “Sorpresa moi agradable no estudo da influencia etrusta en Galicia (máis de 1.600 topónimos) foi descubrir que tamén tiñan etimoloxía etrusca algúns dos nomes de cogomelos dunha científica e completísima listaxe de 302 especies rexistradas nas comarcas de Valdeorras, Trives e o Bolo, lista confeccionada (…) por Cristóbal Ruiz Leivas”.

Explica Luis Monteaguado que os antropónimos etruscos que deron nome a este conxunto de cogomelos “aludirían aos botánicos romanos (de orixe etrusca) que estudaron determinadas especies de cogomelos ou melloraron e promoveron o seu cultivo, como ocorreu co nome de moitas outras plantas”.

Entre eses nomes galegos de orixe etrusca de fungos que menciona no seu estudo Monteagudo figuran a “Cacaforra sin anel” (Amanita crocea V.T.), a “Cacaforra da morte” (Amanita phalloides V.OB.T.), o “Irto das Piñas” (Auriscalpium vulg. V.T.), o “Cogordo” (Boletus aereus, edulus, reticulatus), o “Falopo dos curandeiros” (Calvatia utriformis V.OB.T.), a “Cacafina” (Cantharellus cibarius V.OB.T.) ou “Caviñas”, así como a “Pantorra” (Morchella deliciosa, V.T. OB.), entre outras.

 

Back to top button