
O Concello do Barco disporá unha pantalla xigante que se instalará na Praza Maior mañá martes día 14 de xullo “para todo o que queira achegarse a desfrutar do encontro entre España e Francia. Haberá animación previa e posterior ao partido”, segundo vén de informar esta entidade local.
