
Entre as incidencias que provocaba a intensa treboada que descargaba con auga e pedra no Barco de Valdeorras, están os arrastres que chegaban ata a estrada que sube a Soulecín. Tal como indican pásase con dificultade en todoterreo.
No casco urbano no Barco tamén provocaba inundacións e retencions en certas rúas como por exemplo O Chao e a Avenida do Bierzo, á parte de bloquear o acceso por Veigamuíños onde quedaba atrapado un coche.
Foto e vídeos cedidos.
